Data 5 de febreiro
Hora: 19:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Direción: Xúlio Lago
Elenco: Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas, Susana Dans
Que é "E.R."? Un pequeno acto de amor, un berro de medo, o simplemente unha historia sinxela máis con algunhas sorpresas que deberían atrapar a vostedes,
espectadores, sen deixarlles posibilidades de fuxir, a medida que avanza a acción e os acontecementos se complican.
Eu amo o teatro. Inexplicablemente. Vostedes tamén, sospeito.
Pois ben: Imos dexar soltas a catro mulleres, actrices de profesión. Imos procurar que, polo medio delas,das súas grandezas, e das súas miserias, algo que vai máis aló do teatro lles afecte a vostedes, póñaos, quizais, melancólicos --mais con algunha que outra gargallada polo medio-- e que finalmente poidan sentirse consolados, por que non? Consolados de que? E iso que máis ten?
Iso é "E.R.". No fondo pretende dar, primeiro ao autor e logo, aínda que de maneira principal a todos vostedes, un pouco consolo diante do terror do paso do tempo, diante da corrupción das nosas ilusións... E facelo a través dunha visión apaixonada, pero desencantada, da arte do Teatro.
VENDA DE ENTRADAS:
- Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función.
- No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es
Tarifa B: 8,00 € (butaca e platea), 8,00 € (1º andar), 7,00 € (2º andar) e 6,00 € (paraíso e VR)
Mais información: http://www.teatroprincipalourense.com/axenda/indexaxenda.html