Inicio
4/03/2012 IX Andaina Ourense Capital Termal


A 9ª Andaina "Ourense Capital Termal", celebrarase o domingo 4 de marzo a partir das 9 horas, con saída e chegada nas Termas de Outariz. O percorrido será de 28 quilómetros e discorrerá pola beira dos ríos Miño e Loña, atravesando lugares emblemáticos da cidade como son o Castro de Santomé, o Camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos, e fundamentalmente pola zona termal do Río Miño, polas termas do Muiño e de Outariz, que lle dan o nome á proba e proporciona á Andaina un espírito de sosego e paz.

Información e inscrición:
Data de inicio: 13/02/2012
Data de fin: 02/03/2012
Lugar de inscrición:
Consello Municipal de Deportes de Ourense 
Avda. Pardo de Cela (Pavillón dos Remedios), nº 2
988 370 539
Tamén podes facer a inscrición en Deportes Redonet

Organizado por:
Concellería de Deportes

 

 

W3C - HTML Válido     W3C - CSS Válido