Hora: 23.00
Praza de Santa Eufemia
ALBERTO CONDE TRÍO: Alberto Conde (piano), Kin García (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería)
Cando o Jazz se converte nun elemento integrador e une ás músicas do mundo, atopámonos co denominado fenómeno etno-jazz. O proxecto, creado e posto en práctica entre os anos 95 e 2000 por Alberto Conde, Kin García e Baldo Martinez, foi o punto de partida para a creación –no ano 2001- do Alberto Conde Trío. Até o momento ten editado dous discos, Entremares y Andaina, nos que a música de orixe galega e ibérica viaxa ao través do jazz, dentro do marco estético da world jazz music.