Ourense é pedra; monumentos. É auga; ríos e fontes e, en especial, as augas termais. Teñen a súa orixe nas profundidades da terra, atravesando as pequenas fisuras que o sustrato de granito lles permite, e adquirindo as propiedades dos mineirais polos que pasa, chegando á superficie onde podémolas gozar.
Os romanos, grande afeccionados a este tipo de mananciais, xa aproveitaron estas fontes, como da testemuña o ara ou altar adicado as ninfas acuáticas das Burgas. Este lugar inicia un paseo termal que permítenos gozar das principais caldas municipais.
Ruta termal
Seguindo o curso do río Barbaña, chegamos á Ponte do Milenio. Trala obrigada parada nos seus miradores baixamos ata as Termas da Chavasqueira. Seguimos polo paseo fluvial, que nos leva ao Tinteiro e pouco despous comunícanos con outro paseo asfaltado ao final do cal atópanse as augas das pozas do Muíño da Veuga. Continuando por outro paseo chegamos a Outariz, onde unha pasarela permítenos regresar pola outra marxe do río.

BURGAS Mananciais de augas termais (67ºC) e mineromedicinais. No xardín da parte inferior atópase a Burga de Abaixo, fnte de estilo neoclásico proxectada polo arquitecto Trillo a mediados do século XIX. 300 litros por minuto manan neste punto. Á dereita, nun pequeño estanque enreixado podemos ver brotar as auga in situ. Os gases que desprenden crean unha burbullas, que fixeron pensar, segundo indica a tradición, que o auga fervía neste sitio, de aí a denominación de “fervedoiro”.
CHAVASQUEIRA Estas pozas, situadas na marxe dereita do río Miño, no coñecido como “Campo da Feira” manan cunha temperatura de 63ºC. Coñecidas desde antigo, denominábanse “Caldas do Bispo”, en referencia ao clérigo que mandounas acondicionar. Están divididas en dous sectores: unhas pequenas piscinas termais abertas, de uso gratuito; e outras pechadas cuxa entrada realízase por un edificio que lembra a arquitectura dos templos Zen xaponeses en madeira. (Horario: Marta a Xoves 9 a 23.30h, Venres 9 a 3 madrugada, Sábado 10 a 3 da madrugada. Domingo: 10 a 23.30 h. Tfno: 988 21 48 21)
TINTEIRO Fonte de augas termais, de uso gratuíto, a 500 metros das anteriores, este manancial atrae a agüisticas de toda a Península. Técnicamente consideránse fluoradas, sulforadas, sódicas e bicarbonatadas e manan a unha temperatura de 43ºC

BURGA DO MUIÑO
Gran piscina termal ao aire libre, de uso gratuíta e sita xunto ao Muíño da Veiga, nun gran área recreativa, na zona de Quintela de Canedo. A tres quilómetro do Tinteiro polo paseo peonil asfaltado da marxe dereito do río Miño.
OUTARIZ
As súas augas manan a unha temperatura de 60ºC en dous puntos diferentes, sendo apropioadas para o reuma e a artrite. Nunha delas vese incluso xurdir o manancial directamente da fisura da rocha, o que a fai máis chamativa. Unha pasarela comunica as dúas marxes do río.
FUENTE DE REZA
O concello de Ourense amplia a oferta termal das marxes do río Miño co acondicionamento dun novo espazo de uso e desfrute das augas termais en Reza.Executado co apoi do Plan de Dinamización Turística de Ourense que desenvolve o Concello en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza e o Ministerio de Industria.Trátase dunha veta de auga que cruza o río de forma diagonal, nunha zona na que emerxen augas termais de propiedades similares ás do Tinteiro, cunha temperatura tamén semellante no Paseo das Ninfas.
Ubicada na parroquida de Santa María de Reza, a fonte de Reza no Paseo das Ninfas aparece recoñecida na publicación As augas minerais de Galiza, realizado por Xeomecánica e Augas e editado pola Consellaría de Industria e Comercio da Xunta de Galiza no ano 1995.