Ourense goza desde hai milleiros de anos dun océano de auga burb baixo os seus pés. A segunda cidade de Europa en mananciais de auga termal posúe unha variada oferta para gozar destas marabillosas augas, mellorar o noso aspecto e saúde ou simplemente relaxarnos e gozar da vida. Un desfrute en todos os sentidos, porque Ourense combina esta riqueza termal con marabillas arquitectónicas, delicias gastronómicas e unha grande oferta comercial.