Inicio
19/11/2011 Gargallada Salvaxe no Teatro Principal


Data: sáb, 19 nov  20.30 h
Lugar: Teatro Principal de Ourense 
Prezo: 12€ (en butaca ou platea), 9€ (1º andar), 8€ (2º andar), 6€ (paraíso)
Venda de entradas novacaixagalicia.es e taquilla do Teatro


Un home e unha muller nunha cidade. Non se coñecen, pero despois dun encontro casual pouco afortunado, acaban respirando xuntos. Ao mesmo tempo.

Un ao lado do outro. A todos nos pasou nalgún momento: a sensación de que o mundo camiña sen que nos teña en conta. A sensación de que todo avanza e de que nós nos quedamos atrás. A sensación de que todo o mundo está contra nós. A sensación de que estamos sós. Que podemos facer contra iso? Loitar. E con que armas? A risa. O mellor. "soltando unha gargallada salvaxe no medio da máis dolorosa aflición".

E iso é o que fan os nosos personaxes. Intentar, desesperadamente, ver o vaso medio cheo. E inténtano con todas as súas forzas, salvaxemente, arremetendo contra todos os demos que nos rodean. Confesándose ata o delirio. Dicindo todo aquilo que non nos atrevemos a dicir por medo a que nos tomen por tolos. Rindo de se mesmos. Ríndose de todos nós e intentando que ríamos con eles.

Para acabar conseguindo, por un momento, por fin, felizmente, que todos respiremos xuntos. Dentro.... E fóra.

 

 

 

W3C - HTML Válido     W3C - CSS Válido